Blogia
Noticias de Castrelos

Xa chega a 34ª edición da Queimada de Castrelo de Cima

Como sabedes, na próxima madrugada celébrase a 34ª edición da Queimada, concretamente ás 2 da mañá, entre o domingo e o luns. Polo que parece, xa están todos os preparativos practicamente concluídos, despois dun  intenso traballo nos últimos días.

 

O tempo acompaña e as noites son espectaculares pola temperatura e o ceo cheo de estrelas que seguro van acompañar a todos os participantes nesta noite máxica. Con estas condicións e aínda que haxa que traballar ao día seguinte, espérase bastante afluencia de xente.

Por certo, durante a verbena, antes e despois da Queimada, actuará a Orquesta Marca, da que podedes ver un video no youtube.com escribindo "orquesta marca" no buscador.

¡QUE VIVA A QUEIMADA DE CASTRELOS!

0 comentarios