Blogia
Noticias de Castrelos

A fala do Riós no programa Ben Falado! da Televisión de Galicia

Ben Falado! é un microprograma de 5 minutos sobre a lingua galega que se emite de luns a venres ás 15:30 h na TVG. No mes de novembro dedicáronlle un programa á fala no Concello de Riós polo que entrevistaron a veciños de diversas localidades do concello, entre eles a Manolo Gago, de Castrelo de Cima, que aparece varias veces no programa xunto a Pepe o Fotógrafo e Manolo da Concha.

1 comentario

Belen -

No Riós entrevistaron a Chichito e Aurora que aparecen ó principio deste video.