O Entroido en Castrelo de Cima (2ª parte)
Vellarróns da Veiga do Seixo
O ambiente que se formaba nestes días de carnaval incluía, lóxicamente, bromas, pequenas parodias, cantigas, comidas e ceas de mocidade, etc. O feito de acudir ás aldeas veciñas e viceversa, contribuía tamén a reforzar os lazos de amizade entre aldeas. Así, foron moitas as veces que se baixou á Veiga do Seixo e que os veciños da Veiga viñeron a Castrelo.
Na Veiga do Seixo existía tamén unha máscara moi parecida á de Castrelo de Cima, coa diferencia de que a vestimenta estaba adornada con papeis de cores en vez das tiras de tea de cores que portaban en Castrelos. A Sra. Secundina era unha das que máis se adicaban a facer as vestimentas no pobo da Veiga.
Outro dos costumes do carnaval en Castrelos eran as visitas e os bailes das mariposas, xa pola noite. Ataviados con panos, colchas ou calquera roupa vella, as chamadas mariposas ían de casa en casa entrando nelas onde bailaban en medio de bromas e volvían a saír para continuar co seu baile na rúa e logo noutra casa, así ata recorrer toda a aldea.

0 comentarios