Blogia
Noticias de Castrelos

(Artigo recuperado do 5 de febreiro de 2007) Continúan as obras en Castrelos

 

Este é o aspecto que presentaba a praza o pasado sábado, 3 de febreiro. A máquina estivo traballando ata o venres pola mañá xa que tivo unha avería no embrague e  non puido continuar pola tarde.

Está previsto que os traballos continúen en breve para rematar de sacar o escombro que quedou na parte situada xunto a carretera e empezar co do patio do cura.

 

Como resultado do desescombro estanse apartando a un lado as vigas coa intención de aproveitalas como leña, para o que se pensa sometelas a subasta entre os veciños.

 

 

0 comentarios