Adquirida a casa dos Cima para ampliar a praza de Castrelos
Onte sábado pola tarde, os membros da Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Castrelo de Cima formalizaron a compra da casa dos Cima, segundo se quedara na última reunión celebrada fai uns meses. Estiveron presentes a vendedora, Chelo, Toño -quen actuou como representante da Comunidade de Montes a efectos da firma do contrato-, José Manuel, José Luis e Paco, estes últimos en calidade de testigos.
Por outra banda, dicir que dende a Delegación Provincial de Política Territorial deuse recentemente resposta verbal positiva á solicitude de subvención para urbanizar o conxunto da praza e patio da rectoral, sinalándose que esta obra "vai ser asumida pola Consellería". O Delegado apuntou que se ten intención de facer todo o que estaba plantexado na memoria remitida coa solicitude.
O Concello de Riós, pola súa parte, tamén vai colaborar aportando en principio unha máquina e un camión para facer o desescombro.
1 comentario
Tania Seoane -
Saudiños!