Diego Estévez gana o concurso "Tíralle da lingua"
Diego, fillo de Chemanel e Marina de Castrelo de Cima, ganou este xoves pasado o 1º premio do concurso convocado pola Xunta de Galicia "Tíralle da lingua". A proba celebrouse no Teatro Principal de Santiago de Compostela e nela participaron rapaces e rapazas de colexios de toda Galicia. Co lema "Tíralle da lingua" a Xunta organizou este concurso entre os escolares galegos para fomentar o uso do idioma galego entre os nenos/as e tratábase de que os concursantes demostraran as súas habilidades para contar un conto ou historia en galego.
Diego presentou un conto tradicional "O tonto e o listo", que o aprendera do seu avó Eloy. Subiu ó escenario el só diante de centos de nenos e nenas que abarrotaban o teatro e coa súa simpatía natural enseguida meteuse ó público no bolsillo . O conto desenvolveuse entre risas e aplausos da xente. Finalmente o xurado deu o seu veredicto confirmando a Diego como ganador do 1º premio. Á saída foi levado en volandas polos seus compañeiros/as.
0 comentarios