O Entroido en Castrelo de Cima (3ª parte e última)
Algunhas das persoas das que se fala no artigo (de esquerda a dereita e de arriba a abaixo): o Sr. José Benito Danta, o Sr. Francisco Gago, a Sra. María Rosa Prieto, o Sr. Luis do Tío Silvino, A Sra. Emilia Vaz, o Sr. Francisco Vaz, a Sra. Maruja Gago, o Sr. Julio Danta e a Sra. Anita
Tampouco podemos esquecer a celebración dos xoves de compadres e de comadres, como preludio ós días propios do carnaval. Primeiro era o xoves de compadres e, na semana anterior ó Domingo Gordo, o xoves de comadres. No primeiro caso eran os mozos os que elaboraban o boneco da comadre e logo as mozas perseguíanos para quitarlles a comadre e evitar que a queimaran. No xoves de comadres ocurría o revés. Aínda hoxe, moitos recordan como a Tía Anita saía cunha bacinilla e un bascullo (escobiña feita de palla) ameazando con restregarlle o bascullo os compadres que osaran arrimarse ó boneco das comadres. O ritual acababa normalmente coa queima do boneco.
Daquelas épocas hai moitas lembranzas, como aquela vez que o Sr. José Benito Danta colleu un paraugas vello e foi nun burro facendo rir á xente ou a historia do roubo dos ovos e dos chourizos. Segundo conta Maruja Gago, ocurriu esta última nun martes de Carnaval, fai varias décadas. Algunhas das mozas da aldea, entre as que estaban a Lucha, a Generosa, a Maruja da Benita, a Tilde, a Virginia do Seixo e a mencionada Maruja Gago, disfrazáronse e, entre bromas, foron pedindo polas rúas de Castrelos e Covelas, de tal xeito que xuntaron vintedous ovos e catro ou cinco chourizos. Os ovos quedaron gardados nunha cesta na casa da Maruja da Benita coa intención de facer unha cea máis adiante. Pero os mozos, que estaban ó acecho, enteráronse do lugar e conseguiron escapar con eles. Batéronnos nun balde e con viño e azucre fixeron unha ponchada, que tomaron xunto cos chourizos na tenda do Barazal, desaparecida xa hai anos. Lóxicamente, o bronca das mozas foi soada, só comparable ás risas e bromas dos mozos, ata o punto de que estes e en particular o Sr. Julio Danta, elaboraron unha canción lembrando todo o acontecido. Esta canción comeza así:
Señores y señoritos
Escuchen con atención
Esta cuantiosa historia
Y también bella canción.
Las mocitas de Castrelos
El día de carnaval
Se vistieron de gitanas
Para poder estafar.
A poder de muchas vueltas
Y muchos sacrificios
Juntaron 22 huevos
Y tambien cuatro chorizos.

0 comentarios