Blogia
Noticias de Castrelos

Entroido 2005

Entroido 2005 Imaxe do desfile de hoxe en Verín

Hoxe en día apenas se nota o entroido nas aldeas da nosa zona. As máscaras que había noutras épocas, como o vellarrón, desapareceron fai tempo. Si antes os mozos e mozas saían pola aldea e os lugares veciños coas súas vestimentas de entroido, hoxe para atopalos temos que ir pola noite ós pubs da zona da Alameda de Verín. Tamén podemos ver ós veciños dalgúns pobos do municipio participando no desfile do domingo polas rúas de dita vila, tal como se ve nesta imaxe feita hoxe a mediodía (carrozas de Riós e de Pedroso).

0 comentarios