Blogia
Noticias de Castrelos

Reportaxe sobre o Bar Queimada de Castrelos na TV

Hoxe, 23 de febreiro, puidemos ver na televisión unha reportaxe sobre a nosa entrañable cantina de Castrelo de Cima e sobre os seus donos, clientes e veciños, dentro do programa "De Bares", que emite V Televisión cada mércores. Este programa de 45 minutos xira sempre ao redor de catro bares encravados na xeografía galega. No caso do Bar Queimada de Castrelos quixeron destacar o seu carácter tradicional de bar-tienda e de centro da vida social dunha pequena aldea.

Tedes aquí en primeiro lugar un enlace á noticia que apareceu o día anterior no periódico La Voz de Galicia facendo mención da emisión do programa:

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/02/22/0003_201102O22C9991.htm

En segundo lugar, este é o enlace para ver o vídeo do programa:

http://www.vtelevision.es/programas/debares/2011/02/23/0031_45_57936.htm

 

0 comentarios