Blogia
Noticias de Castrelos

Continúa a recollida da castaña, cerca do final da campaña

Foto: Atardecer nun souto de castiñeiros en Castrelo de Cima (foto de novembro de 2005)

Ó parecer, este ano non está sendo demasiado bo para a castaña. A xente de Castrelos comenta que non son moi boas, que hai moitas pequenas e abertas, e que este feito pode estar motivado pola falta de chuvia dos últimos meses, unida ás abundantes precipitacións destes días pasados. A nivel de Galicia, fálase estes días nos periódicos dunha caída en torno ó 30% na producción respecto do 2004.

Os precios están sendo similares ós do ano pasado, sobre 1 euro o kg.

Foto: Volvendo a casa coas castañas (foto de arquivo de 2001)

0 comentarios