Blogia
Noticias de Castrelos

Así era o 1 de Maio en Castrelo de Cima

Así era o 1 de Maio en Castrelo de Cima Foto: Castrelo de Cima

Antigamente, en tal día como hoxe, 1 de maio, despois de regresar coa "facenda" do monte, era costume que os rapaces e rapazas de Castrelos se adicaran a ir de casa en casa por toda a aldea pedindo "o maio". Cando chegaban diante da casa de calquera veciño coreaban "maio - maio , maio - maio,..." e entón o veciño collía uns cantos puñados de castañas e botaballelas ó aire, como si de caramelos nun bautizo se tratara. As castañas eran normalmente as chamadas "secas", castañas deixadas secar no canizo, que segundo a tradición popular tiñan a virtude de evitarlle a dor de cabeza durante todo o ano a quen as comera xusto neste día. Aínda se recorda en Castrelos como o tío Higinio, o pai da tía Flora, collía as castañas e íallas botar ós rapaces na aira que está diante do souto (ver foto).

0 comentarios