Blogia
Noticias de Castrelos

Libros

Publicado o libro "Cancioneiro das Terras do Riós"

 

Foto: Presentación do libro na Casa da Castaña, en A Chaira

Fai uns días presentouse en Ourense e na Casa da Castaña de Riós o libro "Cancioneiro das terras do Riós". Nós estivemos na presentación na Casa da Castaña, que estaba abarrotada pola numerosa presencia de veciños dos pobos do redor, sorprendidos e seguramente orgullosos de que alguén de fóra lle dea importancia e se interese polas súas raíces, cousa que ata agora ten ocorrido poucas veces.
Na primeira parte deste acto proxectouse un documental rodado en diversas aldeas do municipio no que
aparecen varios veciños entoando cancións de antes. Trala proxección poidemos escoitar en vivo e en directo un amplo repertorio
destas cancións interpretadas por algúns dos alí presentes.
O autor do libro é Xosé Lois
Foxo, director da Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense, e tamén ten parte Pepe Rodríguez Cruz, de quen
xa temos falado nestas páxinas (coautor de "Mitos, crenzas e costumes da Raia Seca", entre outros).        

O libro é froito dunha labor de recollida por diferentes pobos da nosa zona, como Covelas, Florderrei, Mourisco,
A Chaira, Pedroso, Vendas da Barreira, etc. presentando un repertorio moi extenso que abarca cantares de seitura,de pastores,de Nadal e Reis, romances, rondas, etc.


Foto: Mulleres de Mourisco gravando algunhas coplas

Nel se recollen máis de oitenta romances e coplas que pasaron de xeración en xeración e que conforman a cultura inmaterial non só de Riós, senón de toda Galicia. Ademais dunha introducción histórico-xeográfica, dos textos e partituras das cancións e de bastantes fotos das aldeas e da xente que nelas viviu ou aínda vive, o libro se acompaña de dous CDs de cancións interpretadas polos propios veciños e dun DVD coa película mencionada antes. Ó final do mesmo hai unha dedicatoria que dí "Na memoria da Tía Pilar Tierro Prado, cantora de Florderrei".
Dicir tamén que está publicado pola Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense, cunha edición moi coidada.


Pero este traballo non remata aquí,
xa que este é o primeiro volume. O propio Foxo encargouse de anunciar que haberá unha segunda parte.
Unha obra sen dúbida moi completa e interesante sobre todo
para os que temos raíces nesta comarca, polo que dende aquí amosamos o noso agradecemento ós autores e a todos os que
participaron nela.

Libro recomendado: "Mitos, crenzas e costumes da Raia Seca"



Hace unos meses se ha publicado un libro que nos parece especialmente interesante reseñar aquí, dado que hace numerosas referencias a Castrelo de Cima, entre otras localidades de la denominada "raia" fronteriza que delimita el territorio sur de Galicia y el portugués de Trás-os-montes". Los autores son José Rodríguez Cruz y Antonio Lourenço Fontes, el primero de ellos natural de A Gudiña y con familia en Castrelo de Cima.

En este estudio se recoge buena parte de una cultura ligada a mitos, creencias, celebraciones religiosas, supersticiones, etc., conservadas desde tiempos inmemoriables por los habitantes de esta zona fronteriza. Concretamente, aparecen citadas varias personas de Castrelos así como de otros pueblos del entorno, las cuales han servido a los autores como fuentes de información esenciales. Así, se citan historias, creencias ligadas a lugares como "a fonte da pingarela", "a fraga da moura", apariciones de espíritus, etc.

La obra está publicada por la editorial Ir Indo (Avda. Florida,nº 30, 36210 Vigo, tfno. 986214834) y cuesta 21,50 euros.