Blogia
Noticias de Castrelos

Festas e celebracións do mes de xaneiro en Castrelo de Cima. 1ª parte: A tradición dos Reis

Festas e celebracións do mes de xaneiro en Castrelo de Cima. 1ª parte: A tradición dos Reis

Foto: grupo de mozos e mozas de Castrelos, posiblemente nos anos 50

Xaneiro era antigamente un mes especialmente festivo. A tradición xa se perdeu fai algunhas décadas, pero aínda queda moita xente que recorda estas celebracións con agarimo.

Tiñamos en primeiro lugar os Reis. Ocorría que un grupo de mozas ou mozos se xuntaban para tratar de organizar a festa. Entón, na noite do día 5 comezaban ensaiando na casa dalgún mozo ou moza e logo saían de noite polas rúas do pobo cantando as cancións, cando a xente xa estaba na cama. Normalmente levaban tamén uns gaiteiros -gaita, bombo e caixa- que os acompañaban nas súas cancións. Daba gusto oilos pola noite, uns tocando e outros cantando. Había varias cancións de Reis, como por exemplo unha que comezaba así:

Por detrás de Fuente Clara

donde Cristo pensó que era

ha nacido el Niño Dios

de una hermosita doncella.

Ó día seguinte, o día 6, pola mañá, volvían a recorrer as rúas pedindo o aguinaldo ós veciños. Cada un daba o que podía, como chourizos, cachuchas, ou diñeiro, para axudar a pagar ós gaiteiros e para a comida dese día. Había misa, na que tamén tocaban os gaiteiros e  baile pola tarde e pola noite para todos os veciños. O sitio do baile podía ser una cuadra calquera, como a da escuela, ou o terreiro dos Cima,  ..., xa que  variaba duns anos a outros. Viña xente de Mourisco, da Veiga, ...

Foto: Antiga escola. Na súa cadra, como en outras moitas, tamén se facía o baile

0 comentarios