Blogia
Noticias de Castrelos

Os veciños de Castrelos solicitan ó Obispado a cesión da rectoral

Os veciños de Castrelos solicitan ó Obispado a cesión da rectoral Foto: Estado actual da casa rectoral de Castrelo de Cima

Nas últimas semanas iniciáronse conversacións cara a cesión por parte do Obispado de Ourense da casa rectoral de Castrelo de Cima así como do patio anexo á mesma. Hai uns anos xa se levaron a cabo certas negociacións con este fin pero non se chegou a ningún acordo formal.

Hai uns meses os veciños de Castrelos plantexáronse a necesidade de restaurar o retablo da igrexa parroquial, motivo polo que se debatiu na asemblea da Comunidade de Montes en verán, sendo aprobado destinar unha parte dos fondos á dita restauración. Na mesma reunión, os comuneros reclamaron que se retomara o tema da cesión por parte do Obispado da finca mencionada co fin de eliminar as ruinas, adecentar o entorno da igrexa e facer unha zona recreativa.

Nesta semana presentouse ós representantes do pobo un borrador do acordo mediante o que se cedería a finca en cuestión durante vintecinco anos. Nos próximos días realizarase a firma polas dúas partes, veciños e Obispado, do cal vos manteremos informados.

0 comentarios