Blogia
Noticias de Castrelos

Arranxo de pistas nas zonas de viñedos de Castrelos

Nestes días estanse a levar a cabo traballos para acondicionar algunhas das pistas que van as viñas de Castrelos. O caso é que nos concederon estes traballos sen que o solicitaramos expresamente, parece ser que polo tema da denominación de orixe de Monterrei, así que se trata dunha subvención específica para este tipo de camiños, que non se pode utilizar para os que van ás zonas de castiñeiros, por exemplo. O curioso é que non hai moito que pagaban por arrancar as cepas e agora veñen a arranxar os accesos...   Houbera estado ben facelo hai uns anos, cando había moito máis viño no pobo.

1 comentario

JOAQUIN NIEVES LOPEZ -

soy sobrino de don Jose Pereda Alvarez, con raices familiares en Castrelo, emparentado con Indalecio ,Antonio y Joaquin Foubelo. En la pagina VERIN TODO NOTICIAS-FAVORITOS hay articulos del ilustre Jose pEEREDA. no dejeis de leerlos.