Blogia
Noticias de Castrelos

Recuperando o traxe de Vellarrón

Recuperando o traxe de Vellarrón
Xa fai tempo que recibimos un correo de Belén Pazos cunha foto do seu fillo Guillermo no pasado entroido vestido de Vellarrón, o traxe típico orixinario da Veiga do Seixo e Castrelo de Cima, como podedes ler nalgúns artigos que xa publicamos anteriormente (ver a sección de Historia e Tradicións). Belén di que é unha persoa orgullosa do Concello de Riós e que está namorada desta terra e dos seus diferentes pobos.
 
Tamén nos envía o logo turístico de Riós:
Desde aquí agradecémoslle a súa aportación e palabras de ánimo ao mesmo tempo que lle pedimos disculpas por non poñer antes este comentario.
 

0 comentarios