Blogia
Noticias de Castrelos

Tempo de setas e castañas

Este ano parece que non é bo para os froitos. Non houbo noces e moi poucas mazas, peras, etc., todo o contrario do ano pasado. No que se refire á castaña, aínda non se pode falar moito porque estamos ao principio da recolleita, pero parece que son algo escasas e non moi boas, hai moitas bolecas e non son precisamente moi grandes.

Ademais das castañas tamén é tempo das setas ou cogumelos, que normalmente abundan pola nosa zona. Ata hai poucos anos ninguén se preocupaba deste tema, incluso viña xente de fóra -que polo que contan poñíanse as botas a recoller- e os do pobo nin se enteraban nin lle daban aprecio, salvo contadas excepcións como algún veciño que andaba pola calada dicindo que ía merendar ao monte ou a dar un paseo. Pouco a pouco a xente foise mentalizando da riqueza que tiña no seu monte e agora son moitos os que se dedican a recollelos, especialmente o que aquí chamamos as "rocas" (lepiotas) e os "níscalos" (boletus edulis e boletus pinícola). De tódolos xeitos, queda moito que aprender respecto das variedades de setas, de como collelas, etc.

 

Foto: Boletus edulis

Foto: Boletus pinícola

O pasado domingo, 2 de novembro, celebrouse unha nova edición da Festa da Castaña e do Cogumelo do Riós. Neste enlace http://www.laregion.es/noticia/37032/Castañas/setas/menú/Riós/ tedes unha reseña da festa publicada en La Región.

Polo que ao noso pobo respecta, destacar que participamos nunha exposición de fotos antigas dos pobos do Concello. Concretamente había unhas quince fotos do noso pobo, feitas desde os anos 50 ata os 70, moitas delas sacadas por "Pepe o fotógrafo", que aparecía tamén retratado nunha delas co seguinte texto ao pe da foto:

"Gracias a Pepe o Fotógrafo consérvanse moitas das fotografías das vivenzas daqueles tempos, fotografías que el xenerosamente facía e repartía entre os veciños de Castrelo de Cima".

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres